top of page
347448537_664487769039042_1143716392349491332_n.jpg

¿Quen somos?

O Club Patinaxe Compostela é un club de patinaxe para todas as idades e niveis, en Santiago de Compostela e con deportistas de ámbito nacional.

Enfocámonos en brindar unha experiencia de patinaxe única e divertida para todos os nosos/as membros/as.

¡Únete a nós hoxe e descobre a emoción da patinaxe sobre rodas!

O noso equipo

Adicación. Experiencia. Paixón

No Club de Patinaxe Compostela enorgullecenos contar cun equipo de monitores apaixonados e altamente capacitados. Son patinadores experimentados e certificados que che axudarán a acadar os teus obxetivos e mellorar en cada adestramento. 

A nosa historia

O Club Patinaxe Compostela é un club deportivo federado sen ánimo de lucro que se fundou no ano 1983 en Santiago. Naceu pola necesidade de darlle cabida á rapazada que practicaba patinaxe artística nas escolas municipais do Concello, xa que cando cumprían os 14 anos non tiñan posibilidade de continuar realizando a actividade.

​

E así no ano 1984, coa inauguración oficial do pavillón polideportivo municipal de Santa Isabel, o club realizou o seu primeiro acto público encargándose da ceremonia de apertura do Campionato de España de Patinaxe Artística de 1ª categoría nacional, que a Federación Galega de Patinaxe organizou coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

​

O C. P. Compostela é un dos clubs deportivos federados máis antigos que existen no Concello de Santiago; foi e continúa a ser un referente no concello no ámbito deportivo e máis concretamente na modalidade de patinaxe artística sobre rodas.

​

Nos seus comezos fíxose cargo da dirección técnico/deportiva Cristina Lodeiro, coruñesa de nacemento, que dende 1983 e ata 1994 foi a adestradora oficial do club. O seu relevo tomouno o compostelano, Alejandro Villar (Álex), patinador do clube e pupilo de Cristina Lodeiro, que dende 1994 e ata a actualidade é quen se encarga destas funcións.

​

A modalidade que dende os seus comezos se practica no club é a de libre individual no ámbito local, provincial, autonómico, nacional, e en ocasións internacional.

 

Ao longo da súa historia pasaron polo club patinadoras e patinadores que participaron en campionatos nacionais e internacionais coas seleccións galega e nacional respectivamente, acadando resultados destacables e  tamén postos de podium en diferentes campionatos e trofeos, tales como: Copa de Europa, Campionato de Europa, Trofeo Issy París, Interland Cup, etc. Na actualidade, e dende fai unha tampada, se desenvolve a modalidade de grupos show en 2ª categoría rexional.

​

Pero non todo é competición;  contamos cunha sección adicada á patinaxe artística de ocio con grupos de iniciación e perfeccionamiento orientados a nenas e nenos de corta idade (a partires dos 4 anos) e tamén a rapazas e rapaces máis maiores (11 anos en diante) que lles gusta patinar e aprender figuras, piruetas e saltos básicos de patinaxe.

 

Ademáis, o club conta cunha sección para os adultos que teñan unha asignatura pendente coa patinaxe; por iso, dende o club dámoslle a oportunidade de realizar unha práctica deportiva saudable de ocio, como alternativa ao ximnasio ou a actividades denominadas fitness.

bottom of page