Celebrarase o 2 de Xaneiro de 2024 no Pavillón Elviña II de Coruña
A Federación Galega de Patinaxe a través do seu Comité de Patinaxe Artística convoca a 1ª tecnificación da tempada 2024 para as modalidade de Solo Danza e Libre para o día 2 de xaneiro do 2024.
Será unha tecnificación na que o obxectivo a traballar será potenciar a preparación do patinador da forma máis completa no apartado de Components dos programas (Skating Skills, Transitions, Performance, Choreography), para as vindeiras competicións.
DATA
2 DE XANEIRO DO 2024
INSTALACIÓNS
Pavillón Elviña II
PISTA: PARQUET
SEDE: Pza. Manuel Guitián, s/n - 15008 - A Coruña .
EQUIPO DE TRABALLO DO PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN
RESPONSABLE: Patricia Dopico e Belén Pedreira
TECNICO INTERNACIONAL: Andrea María Cardoso (Portugal)
A continuación podedes atopar a circular da Federación Galega de Patinaxe.