Celebrarase o 3 de Xaneiro de 2024 no Pavillón Elviña II de Coruña
A Federación Galega de Patinaxe a través do seu Comité de Patinaxe Artística convoca a 1a tecnificación da tempada 2024 para a modalidade de Solo Danza para o día 3 de xaneiro do 2024.
Será unha tecnificación na que o obxectivo do programa a traballar será potenciar a preparación do patinador da forma máis completa nas Danzas Obrigatorias do 2024 (analizando os Key Points), para as vindeiras competicións.
DATA
3 DE XANEIRO DO 2024
INSTALACIÓNS
Pavillón Elviña II
PISTA PARQUET
SEDE Pza. Manuel Guitián, s/n - 15008 - A Coruña .
EQUIPO DE TRABALLO DO PROGRAMA DE TECNIFICACIÓN
RESPONSABLE: Belén Pedreira Ramiro
TECNICO INTERNACIONAL: Andrea María Cardoso (Portugal)
A continuación podedes atopar a circular da Federación Galega de Patinaxe.